viernes, 14 de febrero de 2014

martes, 11 de febrero de 2014

O equipo lucense “San Xorxe” gañadores da I Supercopa Galega

I Supercopa Galega de Caza de Raposo desputada en Portomarín

O pasado sábado 8 de febreiro tivo lugar a celebración da I Supercopa Galega de Caza de Raposo, anteriormente Copa España, que se disputou na comarca de Portomarín, estando organizada pola Federación Galega de Caza e coa colaboración de un total de 18 Sociedades de Caza da zona.
Neste Supercopa tomaron saída un total de 52 cuadrillas de caza chegadas de diferentes puntos das catro provincias galega e que durante a maña tentaron dar caza ao raposo.
A xornada transcorreu sen imprevistos e o número de raposos avistados e capturados foi moi destacado apesares de estar a competición moi influenciada pola adversidade climática que asola Galicia nestes derradeiros días.
Foi o equipo lucense “San Xorxe” o que chegou o control con un total de 3 raposos machos, feito este que lle reportou o primeiro posto da clasificación xeral e os converteu nos Campións desta I Supercopa Galega de Caza de Raposo. Co mesmo número de raposos pero con 1 macho e 2 femias, situábase en segunda posición o equipo chegado da provincia de Pontevedra “Rías Baixas 1”.


Xa en terceira posición, e por sorteo, situouse o equipo pontevedrés “Os Colegas” con dous raposos abatidos.


Unha vez pechado o control, cazadores, guías, xuíces, organización e autoridades gozaron dun xantar de irmandade no que se congregaron máis de 600 comensais. Entre as autoridades alí presentes atopábase o vicepresidente da FGC José Luis Valcárcel Yáñez, os presidentes provinciais da FGC de Lugo e Pontevedra, Francisco López Penelas e Francisco Couselo Castiñeira respectivamente, Ramón Rodríguez Cobas, delegado da competición de Raposo da FGC, o alcalde de Portomarín Juan Serrano e o representante da Subdelegación do Goberno en Lugo Roberto Raposo. Foi a entrega de premios a que puxo o punto e final a esta I Supercopa de Caza de Raposo e que dalgún xeito puxo o colofón a tempada de caza 2013/2014 en Galicia.

Fonte: Federación Galega de Caza

miércoles, 29 de enero de 2014

Campionato Galego de Caza de Raposo

RAPOSO
O equipo “Doble Cero” proclamouse Campión Galego
XIX Campionato Galego de Caza de Raposo
O pasado sábado 18 de xaneiro tivo lugar nas localidades coruñesas de Brión e Ames a décimo novena edición do Campionato Galego de Caza de Raposo organizado pola Federación Galega de Caza e contando coa colaboración das Sociedades de Caza de Altamira de Brión e Azor de Ames.
Á proba acudiron un total de 14 equipos clasificados nos seus respectivos campionatos provinciais máis o equipo “Río Ulla 1”, campión da edición anterior.
A xornada cinexética foi transcorrendo sen imprevistos e o bo tempo acompañou durante a primeira parte da mañá ata os derradeiros compases da proba na que a choiva fixo acto de presenza. A partir das 13:30 os equipos foron facendo a súa entrada en control e o equipo veterinario alí presente analizaba as capturas.
Foi o equipo “Doble Cero” o que con dúas capturas (1 macho e 1 femia) e, despois de resultar afortunado no sorteo, proclamábase Campión Galego de Caza de Raposo. O segundo posto era para o equipo lucense “Os de Cela” con tamén dúas capturas (1 macho e 1 femia). O terceiro posto recaía no equipo “A Raposa Vella” chegado de A Coruña cunha captura (1 macho).
O xantar de irmandade e entrega de premios congregou a tódolos participantes, guías, xuíces, organización, representantes federativos e autoridades. Entre as autoridades atopábanse Santiago Amor Gallego, alcalde do concello de Ames, Pedro Nieto, representante da FGC en A Coruña, Francisco Couselo Castiñeira, presidente da FGC en Pontevedra, Manuel Pérez Requejo, tesoureiro da FGC, o delegado da competición de raposo da FGC, Manuel Rodríguez Cobas e o presidente da FGC Javier Nogueira Diz.







Fuente: FGC

XIII Edición de las Escuelas de pesca del Club Salmo




Pincha en la imagen para mas información