RAPOSO
O
equipo “Doble Cero” proclamouse
Campión Galego
XIX
Campionato Galego de Caza de Raposo
O pasado sábado
18 de xaneiro tivo lugar nas localidades coruñesas de Brión e Ames a décimo novena
edición do Campionato Galego de Caza de Raposo organizado pola Federación
Galega de Caza e contando coa colaboración das Sociedades de Caza de Altamira
de Brión e Azor de Ames.
Á proba acudiron
un total de 14 equipos clasificados nos seus respectivos campionatos
provinciais máis o equipo “Río Ulla 1”, campión da edición anterior.
A xornada
cinexética foi transcorrendo sen imprevistos e o bo tempo acompañou durante a
primeira parte da mañá ata os derradeiros compases da proba na que a choiva
fixo acto de presenza. A partir das 13:30 os equipos foron facendo a súa entrada
en control e o equipo veterinario alí presente analizaba as capturas.
Foi o equipo
“Doble Cero” o que con dúas capturas (1 macho e 1 femia) e, despois de resultar
afortunado no sorteo, proclamábase Campión Galego de Caza de Raposo. O segundo
posto era para o equipo lucense “Os de Cela” con tamén dúas capturas (1 macho e
1 femia). O terceiro posto recaía no equipo “A Raposa Vella” chegado de A
Coruña cunha captura (1 macho).
O xantar de
irmandade e entrega de premios congregou a tódolos participantes, guías,
xuíces, organización, representantes federativos e autoridades. Entre as
autoridades atopábanse Santiago Amor Gallego, alcalde do concello de Ames,
Pedro Nieto, representante da FGC en A Coruña, Francisco Couselo Castiñeira,
presidente da FGC en Pontevedra, Manuel Pérez Requejo, tesoureiro da FGC, o
delegado da competición de raposo da FGC, Manuel Rodríguez Cobas e o presidente
da FGC Javier Nogueira Diz.
Fuente: FGC