lunes, 14 de enero de 2013

    XX CAMPIONATO PROVINCIAL PONTEVEDRA CAZA DO RAPOSO

Organizada por Union Dportiva de Cerdedo celebrouse a proba entre os montes de Cerdedo, Forcarei e A Estrada.
O clima reinante durante o día non era o máis propicio xa que foi frio e chuvioso.
Nesta edición participarón 45 equipos abatdo un total de 24 pezas. Sendo os primeiros:
1º San Salvador de Escuadro con 4 pezas
2º Rio Ulla con 3 pezas
3º e 4º Montes de Arosa e A Peneda con 2 pezas cada un.
O control das pezas estableceuse na praia fluvial de Liñares onde as pezas pasaron o control veterinario pertinente, para a continuación participantes e organización xuntarse para comer no Pabillón de A Estrada.
Ademáis a Unión Deportiva de Cerdedo aspira a conseguir celebrar no 2015 o campionato de España da modalidade, algo que se terá moi enconta despois do gran traballo realizado pola organización da presente edición do provincial así como gracias a cantidade de raposos que hai no lugar.