Baixo a organización da Federación Galega, que
contou coa colaboración da Federación Galega de Caza de Ourense e maila da
Sociedade anfitrioa, o pasado sábado (30 de novembro), nunha mañá moi fría, con
gran ambiente e exquisita deportividade, disputábase no magnifico Tecor de Os
Blancos (Ourense) a XVIII Final do Campionato Galego de Caza de Arcea.
O exercicio comezou ás 9 da mañá para rematar ás 3 da tarde e a cita
acudiron os 21 mellores cazadores da
modalidade previamente clasificados nos respectivos “provinciais”, mailo
campión da pasada edición. Un total de 22 deportistas que nas seis horas de
exercicio levantaron 27 arceas, efectuaron 14 disparos e capturaron 8 exemplares.
O lucense Manuel Pérez López (Sociedade O
Saviñao), e os ourensán Xosé Carlos Otero Pérez (Sociedade Pena Maior de Piñor)
e Artemio Formoso Barrio (Sociedade San Trocado-Cidade), os tres con un par de
arceas no seu haber cada un, foron os que subiron o podio dos campións. Clasificación
que se decidiu pola orde de entrada no posto de avituallamento e control.
Seguíronlles en méritos o coruñés Ramiro Lamas
Vilanova (Tordoia) e o pontevedrés Gustavo Alonso Rodríguez. (Gondomarense),
con un exemplar cazado, respectivamente, cada un.
Un xantar de confraternidade, a entrega de trofeos
e a proclamación dos campións, puxo o
punto de remate a un evento autonómico no que todo saíu a pedir de boca, sendo
felicitada reiteradamente a organización polo bo facer e muy celebrado o escenario escollido a tal
fin. O Presidente Galego, Nogueira Diz, presidiu tódolos actos programados,
estando acompañado polo seu homónimo en Ourense, Antonio García Reinoso, así
como polo responsable do tecor, Alfonso García
Rodríguez, ademais de outros federativos e directivos sociais.
Fuente: Federación Galega de Caza